Actualidade

A Cátedra ALDABA-WIB amadriña a edición especial de INTERLABS no CITEEC con motivo do Día Intenacional da Muller e a Nena na Ciencia (11F) no Campus de Coruña

12/02/2024

 

Os INTERLABS son pequenos encontros nos que varias persoas, nas etapas iniciais da súa carreira investigadora, expoñen brevemente o seu traballo en diferentes campos relacionados coas áreas extratéxicas da Axenda Científica do CITEEC, fomentando así o coñecemento entre os diferentes grupos e o xurdimento de posibles liñas de investigación interdisciplinares.

 

Nesta edición haberá diversidade de enfoques temáticos. As relatoras serán:

  • Blanca Fernández Amado: "Análisis de estabilidad térmica para la construcción de cavernas salinas". Estudante de Proxecto Técnico. Grupo de Métodos Numéricos en Enxeñaría (GMNI).
  • Angélica Goya Heredia: "Desarrollo de una metodología innovadora para la gestión de la contaminación difusa de las aguas de escorrentía urbana". Doutoranda en Enxeñaría Civil. Grupo de Enxeñería da Auga e o Medio Ambiente (GEAMA).
  • Noelia Fernández Rodríguez: "Análisis comparativo e optimización estructural de diferentes configuracións de jacket para eólica offshore". Doutoranda en Enxeñaría Civil. Grupo de Métodos Numéricos en Enxeñaría (GMNI).
  • Lucía Valeiro Mata: "Técnicas de simulación microscópica para la modelización del tráfico, el transporte público y la movilidad: caso de A Coruña". Doutoranda en Enxeñaría Civil. Grupo de Ferrocarrís e Transportes (FERROTRANS).

 

E como madriña do evento  estará Virgina Mato Abad, profesora da Facultade de Enxeñaría Informática e Directora da Cátedra Aldaba WIB, que tamén fará unha presentación da Cátedra "Abordando a fenda de xénero nas carreiras tecnolóxicas".