Actualidade

A Cátedra Hijos de Rivera-UDC participou nunha xornada con motivo do Día Internacional das Reservas da Biosfera

03/11/2023

 

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo celebrou o pasado venres 3 de novembro, en conmemoración do Día Internacional das Reservas da Biosfera, unha xornada de difusión sobre os proxectos ambientais levados a cabo durante os 10 anos como reserva, entre eles o de Cooperación Leader 'Conectando Biodiversidade'.


Ángel S. Fernández Castro, director da Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sostible, formou parte da mesa de apertura do acto, e Jaime Fagúndez Díaz, profesor da UDC e colaborador da Cátedra, presentou os resultados do proxecto de conservación e restauración do río Barcés.