Actualidade

A Cátedra NTT Data entrega un premio na sexta edición do Congreso XoveTIC

06/10/2023

 

Cátedra NTT Data colaborou no VI Congreso XoveTIC, celebrado no CITIC e a Facultade de Informática da UDC os días 5 e 6 de outubro, financiando un dos premios aos traballos mellor valorados polo comité científico, presentados por novos investigadores do ámbito das TIC.

 

A entrega de premios tivo lugar o venres 6 de outubro no CITIC. O traballo premiado pola Cátedra foi Unveiling the Dark Side of Social Media: Developing the First Galician Corpus for Mysogyny Detection on Twitter and Mastodon (Mostrando a cara escura das redes sociais: desenvolvemento do primeiro corpus en galego para a detección de misoxinia en Twitter e Mastodon), presentado polas investigadoras  Lucía Álvarez-Crespo e Laura M. Castro da Universidade da Coruña. Marianne Blanco Martiño, directora de Sector Público de NTT DATA Galicia e Asturias, entregou o premio en nome da Cátedra NTT Data

 

De forma previa á entrega de premios, a citada Marianne Blanco Martiño impartiu a sesión plenaria titulada “Centro de Excelencia Citizen: transformando a experiencia cidadá”.

 

 

Le aquí a noticia completa con todos os gañadores do VI Congreso XoveTIC.