Actualidade

Entrega do Premio ao Mellor Traballo Fin de Grao Aplicado da Facultade de Informática da Universidade da Coruña

18/04/2023

A Facultade de Informática da Universidade da Coruña, acollerá o mércores 19 de abril, a partir das 11:30 horas, a VIII edición do Premio ao Mellor Traballo de Fin de Grao (TFG) Aplicado do Grao en Enxeñaría Informática. O CITIC, xunto coa Fundación Universidade da Coruña, colaboran nestes premios, que contan ademais co patrocinio das cátedras institucionais, Aldaba WIB (Women, ICT & Business) , NTTdata e SNGULAR.

 

Dos 14 traballos presentados, que obtiveron unha cualificación de matrícula de honra no curso 2021-2022, tres foron os seleccionados: “Desenvolvemento dun dispositivo para a monitorización de marcadores de calidade ambiental”, realizado por Pablo Mariño Boga; “Sistema de validación de títulos académicos baseado en tecnologías Blockchain”, de Gabriel Fernández Blanco; e “Sistema de posicionamento de teléfonos Android a través das propiedades físicas do son”, elaborado por Juan González Iglesias.

 

Mañá, mércores, coincidindo coa Feira de Prácticas e Emprego que se celebrará na Facultade de Informática, darase a coñecer o primeiro premio de 1500 € e os dous accésits de 500 € cada un. Na Feira de Emprego participarán 22 empresas do sector TIC, que impartirán charlas e obradoiros orientados á inserción laboral do alumnado.