Actualidade

A Cátedra NTT DATA en Diversidade e Tecnoloxía colabora coa Olimpíada Informática Galega

10/02/2023

O Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coas tres universidades públicas galegas, a Universidade da Coruña (UDC), a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade de Vigo (UVigo), organiza a Olimpíada Informática Galega 2023, que da acceso á XXVII Olimpíada Informática Española (OIE). Conta co apoio da Cátedra NTT DATA, DXC Technology, Dinahosting, GDI our vision our hope, Sixtema, Aws, Asper cloud services, Mindata, Minsait, Veritas y el Ayuntamiento de Coruña.


A Olimpíada Informática Galega 2023 tivo lugar o venres 10 de febreiro de 2023 pola tarde de maneira presencial na Facultade de Informática da Universidade da Coruña. No certame participaron unha trintena de estudantes de ESO, Bacharelato e FP de grao medio de toda Galicia, procedentes de dezaseis centro educativos, das localidades da Coruña,  A Estrada, Foz, Ferrol, A Baña, O Barco de Valdeorras, O Porriño, A Merca, Ourense, Ames, Santiago, Teo, Vedra e Vigo;  e residentes en distintos puntos de toda Galicia.

 

O obxectivo da Olimpíada Informática Galega, destinada a estudantes de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de grao medio, é a promoción do coñecemento e das vocacións nesta disciplina, tan presente en todos os ámbitos hoxe en día e necesaria para formación integral da xuventude. 

 

A Olimpíada Informática Galega consta dun conxunto de problemas, xeralmente entre 4 e 6. Cada problema deberá resolverse mediante unha linguaxe de programación que permita automatizar a resolución dos mesmos.  Os problemas da olimpíada adoitan centrarse no deseño correcto e eficiente de algoritmos.

 

Os gañadores

 

Os dous primeiros postos na clasificación da OIG 2023, que foron para Óscar Carballo Poboa,estudante dun ciclo medio de Formación Profesional de Informática no Colexio Liceo A Paz da Coruña; e o seu compañeiro Pedro Rey Anca, estudante de 1ª de Bacharelato do instituto Saturnino Montojo de Ferrol, que logrou o segundo posto, poderán  acceder de forma directa á fase final da Olimpíada Informática Española (OIE) que será do 24 ao 26 marzo de 2023 en Madrid.  As organizacións da OIE da OIG correrán cos gastos de viaxe e aloxamento. Do mesmo xeito, as catro mellores persoas clasificadas da Fase Nacional poderán participal na International Olympiad of Informatics 2023, que se celebrará en Szeged (Hungría), que se celebrará do 28 de agosto ao 4 de setembro de 2023.

 

Tamén resultaron gañadores Isabel Villar García (terceiro posto), Juan Pablo Pardo Pérez (cuarto posto), Mario Prada Rodríguez (quinto posto) e Hugo Domínguez Conde (sexto posto).