Actualidade

A Cátedra Vegalsa Eroski e a Universitat Oberta de Catalunya coeditarán unha nova colección de libros sobre comunicación

21/11/2022

Cátedra Vegalsa-Eroski de la Universidade da Coruña e a UOC  editarán a colección de libros titulada “Comunicación y Agenda 2030”. A colección conformarana dezasete títulos, onde se ofrecerán reflexións, análises ou experiencias desde temáticas e puntos de vista diferentes. 

 

A COVID-19, a crise climática e os conflitos bélicos fixeron efecto no progreso dalgúns dos dezasete obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) cos que se comprometeron os líderes mundiais. É a mensaxe de alerta que lanzan as Nacións Unidas no último informe de seguimento das ODS, e instan a gobernos, institucións e cidadanía a implicarse máis na axenda internacional, a coñecida Axenda 2030.

 

Co fin de sensibilizar e divulgar a ODS, a Unviversitat Oberta de Catalunya (UOC) e a Universidade da Coruña (UDC), a través da Cátedra de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa Vegalsa-Eroski, coeditarán unha nova colección de libros sobre a comunicación como catalizadora para afrontar os grandes retos globais.

 

"Una comunicación sensible a los problemas sociales y con valores puede ayudar a crear un entorno más sostenible y una sociedad más comprometida"  defende Carmen Costa Sánchez, directora académica da nova colección "Comunicación y Agenda 2030".

 

Os dezasete títulos que conformarán a colección - cada un de eles dedicado a un ODS - ofrecerán reflexións, análises ou experiencias desde temáticas e puntos de vista diferentes. "El resultado será una colección diversa e integradora que propondrá temas importantes y urgentes para el conjunto de la sociedad, como la necesidad de frenar el hambre, las desigualdades o el cambio climático", engade Costa. 

 

A serie de libros contará cun consello editorial que garantirá a calidade científica dos títulos. "Nos planteamos una colección con capacidad de llegar a todos los públicos a la vez que aseguramos el rigor científico", sinala Ciro Llueca, director da Editorial UOC e vicexerente de Investigación e Innovación da UOC.

 

Tras a firma do convenio de colaboración entre a UDC e a UOC, ábrese a recepción de manuscritos para todas aquelas persoas que queiran publicar un libro na nova colección. Un comité de persoal externo contribuirá a unha selección #de acordo con os estándares editoriais académicos. 

 

A comunicación ao servizo da sociedade
Tres de cada catro ciudadanos a escala mundial afirman oír falar algunha vez dos ODS, segundo un estudo da consultora Ipsos e o Foro Económico Mundial. Con todo, só o 26% admite estar familiarizado coas liñas de acción global. Para Costa, tamén directora da Cátedra Vegalsa-Eroski, a comunicación é unha "ferramenta fundamental" para concienciar á poboación, para fomentar a colaboración das organizacións públicas e privadas e da sociedade no seu conxunto, e para acordar e promover cambios importantes nos medios produtivos, económicos ou enerxéticos. 
 
 
"Los ODS deben ser el horizonte en el que las organizaciones debemos basar las estrategias de sostenibilidad", defende Gabriela González, directora de Sostenibilidade e Comunicación Corporativa de Vegalsa-Eroski. "Deben potenciar una comunicación basada en la transparencia, el propósito, la responsabilidad y el compromiso con los grupos de interés y a través de alianzas a largo plazo", engade. 
 
 
As universidades como axentes do cambio social
"Las instituciones de educación superior estamos llamadas a participar en la transformación social planteada por la agenga 2030", defende Pastora Martínez Samper, vicerreitora de Globalización e Cooperación da UOC. "Las universidades somos un actor clave en su implementación a través del conocimiento: el que generamos gracias a la investigación, el que compartimos con el estudiantado y el que intercambiamos con otros actores de la sociedad", aclara.
 

En 2018, a UOC adheriuse ao Acordo sobre os ODS, xunto con outras institucións das Nacións Unidas, para contribuír aos obxectivos de desenvolvemento sostible e reforzar o seu compromiso coa Axenda 2030. A educación superior, á que se fai mención expresa por primeira vez no ODS 4, educación de calidade para todas as persoas, contribúe a ela desde as súas principais funcións. A nova colección que publicará a editorial universitaria, Editorial UOC, forma parte do compromiso de ambas as institucións. 

 

Pola súa banda, a Universidade da Coruña asinou, en novembro de 2019, un compromiso público coa Axenda 2030. Actualmente, actúa de forma coordinada con outros actores interesados na implementación da Axenda 2030, dos que forma parte. En xullo de 2021 naceu a Cátedra Vegalsa-Eroski, co obxectivo de contribuír ao benestar e á mellora da nosa sociedade a través de actividades de educación e divulgación, de investigación e de aplicación do coñecemento. 

 

Carmen Costa
Carmen Costa Sánchez é profesora e investigadora da Universidade da Coruña, directora da Cátedra Vegalsa-Eroski UDC e doutora en Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente coordina o grupo de investigación en Cultura e Comunicación Interactiva e o grupo de innovación docente en Comunicación e Medios Sociais. É autora de máis de cincuenta artigos científicos en publicacións de referencia. Entre as súas liñas de investigación inclúense a xestión da comunicación e a reputación organizacional. 
 
 
Editorial UOC
Editorial UOC publica manuais universitarios, libros de divulgación e libros de ensaio e investigación con gran presenza temática da comunicación. Forma parte das sete mellores editoriais en comunicación dentro do ranquin de editoriais académicas SPI 2018 e mantén vivo un catálogo de 4.000 títulos en formato impreso e dixital. 
 
#compromisosocial #agenda2030 #comunicación #conocimiento #sostenibilidad #ODS #UDC #UOC