Actualidade

A Aula de Nutracéutica e Ciencias Biomédicas organiza o Curso de Avances en Nutracéutica e Inmunonutrición

17/10/2022

O prazo de inscrición atópase aberto desde o 17 de outubro de 2022 ata o 18 de novembro de 2022. O curso impartirase en formato semipresencial, con parte da fomación online. 

 

O curso de avances en Nutracéutica e Inmunonutrición está dirixido a profesionais da saúde interesados en coñecer e inciarse en todas as posilbilidades que estas disciplinas poden ofrecerlles para unha mellora no desenvolvemnto da súa actividade. 

 

Será impartido polo catedrático de Fisioloxía Humana da Facultade de Medicina de la Universidade de Santiago de Compostela, Jesús Devesa Múgica; o Doctor en Medicina e Cirurxía e Director médico do instituto Biomédico Hygea, Cristóbal Fraga González y o Biólogo e membro do Consejo Científico de Mama Help de Oporto (Portugal), André Dourado Oliveira. 

 

As sesións presenciais terán lugar na aula 9 do Campus de Oza( A Coruña) os días 19 de novembro de 2022 e 28 de xaneiro de 2023.

 

Máis información en www.aulanutraceuticaudc.com

 

Inscríbete aquí 

 

Aula de Nutracéutica e Ciencias Biomédicas

A Aula de Nutracéutica e Ciencias Biomédicas creouse pola empresa Hausmann Galénica e a Universidad de A Coruña co obxectivo de difundir coñecemento sobre nutrición, algo fundamental no mantemento da saúde.