Actualidade

As cátedras e aulas institucionais achegan máis dun millón de euros ao financiamento da labor docente, investigadora e de transferencia da UDC

26/10/2022

O Vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya Fernández, participou esta mañá no Encontro de Cátedras e Aulas Institucionais da UDC, celebrado no Edificio Normal do Campus de Riazor onde se convocaron as direccións destas iniciativas de colaboración universidade-empresa.

 

Nas súas palabras de benvida, Salvador Naya destacou a puxanza das cátedras e aulas universitarias como vía de financiamento, algo cada vez máis necesario dadas as limitacións do sistema público. Neste sentido, recoñeceu a importancia de visibilizar dende a propia universidade o traballo que estas desenvolven, axudando a impulsar a súa actividade e xerando un ecosistema de innovación que supoñan un impulso socioeconómico, poñendo como exemplo a Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA), á que A Coruña opta como sede. 

 

No encontro expuxose a vitalidade deste mecanismo de interrelación Universidade e a sociedade. Reflíctese no notable aumento dos últimos anos, cun crecemento medio anual do 23% sostido dende 2017 que supón acadar, cun total de 28 cátedras e aulas institucionais, a posición de liderado no Sistema Universitario Galego. 

 

De acordo cos datos presentados, as áreas de coñecemento correspóndense coa Enxeñería e a Arquitectura (11 iniciativas), seguido das Ciencias Sociais e Xurídicas (9), Ciencias da Saúde (4), Ciencias (2) e Artes e Humanidades (2). Acadándose a través destas figuras unha financiación superior aos 1,4 millóns de euros anuais. 

 

Para ver o comunicado preme aquí.