Actualidade

A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa convoca a primeira edición do premio ao mellor Traballo de Fin de Mestrado

20/09/2022

Arrinca o segundo curso da Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa e faino coa convocatoria da súa primeira edición do premio ao mellor Traballo de Fin de Mestrado en base a criterios ASG (ambientais, sociais e de gobernanza) e propósito corporativo. Poderán optar a el todas aquelas persoas tituladas que defendesen o seu Traballo de Fin de Mestrado en calquera das universidades galegas durante os anos 2021/2022 cunha calificación de sobresainte. Outorgaránse dous premios, un dotado con 1.500 euros para a persoa autora do Traballo de Fin de Mestrado que resulte gañador, e un segundo premio, dotado de 500 euros. 


"El objetivo de este premio es doble. En primer lugar, y de forma inmediata, animar al alumnado que esté en una etapa formativa de máster en Galicia a realizar trabajos que tengan presentes los criterios Ambientales, Sociales y de Gobierno corporativo como ejes fundamentales. Y, en segundo lugar, y de forma complementaria, ayudar a sensibilizar a las empresas y las organizaciones en materia de responsabilidad, compromiso social y desarrollo sostenible", comenta a directora da Cátedra, Carmen Costa.

 

“En Vegalsa-Eroski creemos firmemente que todas las empresas deben contribuir a generar valor en su entorno más próximo, tanto a nivel ambiental, como social y económico. Es por ello que nuestra estrategia de responsabilidad social  como compañía se basa justo en estos pilares que se hacen extensibles a la Cátedra que promovemos en colaboración con la UDC con la que impulsamos este propósito”, explica a directora de Comunicación e RSE de Vegalsa-Eroski, Gabriela González.

 

Presentación de solicitudes, ata final de ano

As persoas interesadas en presentar a súa candidatura poderán facelo ata o 31 de decembro deste ano a través do formulario electrónico establecido pola Cátedra ao que se poderá acceder a través da seguinte ligazón. 

 

As solicitudes presentadas avaliaranse de xaneiro a marzo de 2023, seleccionándose tres candidaturas finalistas ás que se lles solicitará o traballo completo para a decisión final. O xurado estará composto por membros da Comisión de seguimento da Cátedra Vegalsa-Eroski UDC; pola propia directora da Cátedra, Carmen Costa, e por tres expertos das outras Universidades galegas e do ámbito da consultoría. O fallo do xurado farase público o primeiro cuadrimestre do 2023.

 

Sobre a Cátedra Vegalsa-Eroski UDC

A Cátedra Vegalsa-Eroski de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa naceu co obxectivo de contribuír ao benestar e a mellora da nosa sociedade a través de actividades de educación e divulgación, de investigación e de aplicación do coñecemento. A idea é poder facilitar á comunidade universitaria e a sociedade en xeral unha visión integral sobre a importancia da comunicación á hora de impulsar hábitos de vida saudables e conciencia medioambiental, favorecendo á sua vez un consumo consciente e sostible. Para logralo darase prioridade as accións en catro liñas de actuación fundamentais: investigación, transferencia, formación e accións de tipo relacional e de proxección social, aportando Vegalsa-Eroski unha dotación anual de 20.000 euros para a súa consecución. 

 

Durante o curso 2021/2022

Desde a súa posta en marcha en xullo de 2021, a Cátedra levou acabo un intenso programa de actividades durante o primeiro ano das que son bo exemplo a primeira Xornada de Divulgación Social “Comunicar es Salud”, o ciclo de conferencias COMversacións e as iniciativas de colaboración con Espazo Compartido, achegando esforzos para a integración das persoas con discapacidade cognitiva. Ademáis da entrega dos II Premios ás Mellores Experiencias de Innovación Docente UDC. 

 

Sobre Vegalsa-Eroski

Vegalsa-Eroski conta en Galicia, Asturias e Castilla e  León con 278 establecementos entre propios e franquiados baixo as marcas comerciais Hipermercados e gasolineiras Eroski/Center, Autoservicios Familia, Cash Record, Eroski/City, Aliprox e Rapid. A súa estrutura comercial en Galicia esténdese polas 4 provincias galegas e conta cunha moderna plataforma de mercancías xerais, situada en Sigüeiro, A Coruña, dotada con tecnoloxías loxísticas de última xeración, ademais das plataformas de produtos frescos de A Coruña e centros de redistribución en Vigo e Ourense. 

 

Pola súa parte, a división de Autoservicios Cash Récord de Vegalsa-Eroski conta cun mapa comercial composto por 18 centros distribuídos homoxeneamente entre Galicia e Asturias, con fáciles e rápidos accesos en áreas empresariais con boas comunicacións.