Actualidade

Un proxecto da Cátedra Hijos de Rivera-UDC impulsa o enfoque sustentable na construción de camiños agrícolas para contribuír á súa integración paisaxística

10/03/2022

 

A Cátedra Hijos de Rivera–UDC de Desenvolvemento Sostible, no seu obxectivo de contribuír a fomentar unha actividade económica competitiva e sostible, impulsa un novo proxecto no ámbito agrario galego, poñendo a disposición da comunidade modelos de camiños de traballo en fincas e montes baixo un enfoque sostible e de mellora da integración paisaxística.

 

Este traballo foi redactado polos doutores enxeñeiros de camiños, canais e portos Carlos Nárdiz Ortiz e Gael Sánchez Rivas, integrantes do Laboratorio de Estudios Territoriales da Universidade da Coruña. O documento completo está accesible na web da Cátedra Hijos de Rivera-UDC en Desenvolvemento Sostible, na seguinte dirección.

 

Recomendacións para mellorar o impacto ambiental e paisaxísticos dos camiños agrícolas 

O traballo fai diversas recomendacións específicas ao respecto da plataforma, o drenaxe e a integración na paisaxe, axeitada ás distintas funcións e tipoloxías dos camiños de traballo.

 

Entre as recomendacións para a Drenaxe Sostible dos camiños están o emprego de pasos de auga de pedra para o desaugadoiro nos casos de afloramentos de auga ou acumulación en puntos baixos, e a introdución de pavimentos filtrantes nas superficies de aparcamento.

 

Por outra banda, as recomendacións para a Integración Paisaxística do traballo inclúen, entre outras: reducir os desmontes e terrapléns adaptando os camiños á topografía, facilitar a continuidade visual da contorna mediante o emprego da vexetación e o uso de pavimentos filtrantes tipo pavicéspede, permitir a implantación de miradoiros que permitan ás visitas turísticas baixo criterios paisaxísticos ou integrar a sinalización orientativa, ambiental e paisaxística mediante solucións que se integren na contorna.

 

Ademais, os autores desenvolven unha serie de recomendacións de carácter xeral, como a de facilitar a continuidade dos cursos de auga naturais, evitando a canalización mediante tubos; a de coidar a delimitación dos accesos e camiños de traballo mediante solucións de muros de pedra adaptados á contorna; ou a de empregar a vexetación como elemento de integración dos camiños de traballo alí onde sexa posible.

 

Pavimento drenante tipo pavicéspede para a integración paisaxística


A  importancia de introducir criterios de sustentabilidade e integración paisaxística no deseño dos camiños de traballo en fincas

Os camiños de obra en fincas e montes están expostos a diferentes usos, co paso de maquinaria agrícola e outros vehículos, xeralmente de gran tonelaxe, polo que precisan dunha plataforma suficientemente resistente e que facilite a evacuación das augas pluviais. Ao mesmo tempo, estes camiños teñen que facilitar o tránsito dos traballadores e, nalgúns casos, dos sendeiristas con certa comodidade e seguridade.

 

Por outra banda, estes camiños de obra sitúanse en contornas agrícolas e forestais cunha notable calidade ambiental e paisaxística, polo que calquera actuación, tanto no que respecta ao seu trazado e plataforma como aos seus elementos de drenaxe, deberá integrarse no devandito entorno baixo paisaxe e criterios de sustentabilidade, nos seus tres aspectos: ambiental, social e económico.

 

Así, o emprego de solucións respectuosas co medio e a paisaxe para a conformación da plataforma, ben mediante materiais tradicionais como a través de tratamentos que permitan alcanzar unha maior capacidade resistente do pavimento, utilizando nalgúns casos materiais provenientes da reciclaxe dentro do concepto de economía circular, e, sobre todo, o uso de técnicas de deseño sensible á auga, con distintos sistemas de drenaxe sostible, poden permitir facer fronte aos requisitos funcionais, ao mesmo tempo que se camiña cara a unha maior sustentabilidade e unha integración paisaxística máis adecuada desta tipoloxía de camiños.

 

Camiños de traballo específicos en forma de socalcos en zona de viñedos

 

Consulta aquí o traballo completo “Soluciones Sostenibles para Caminos de Trabajo en Fincas y Montes”.