Actualidade

A ministra Nadia Calviño participa na inauguración dos mestrados da Facultade de Economía e Empresa da UDC

04/10/2018

A responsable do Ministerio de Economía e Empresa, Nadia Calviño, ofrecerá a conferencia de apertura de curso dos mestrados que se imparten na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña. Baixo o título “Resiliencia da economía española nunha contorna de desaceleración global”, o relatorio terá lugar ás 10.00 horas no Salón de Graos da Facultade durante un evento presidido polo reitor da UDC, Julio Abalde, e no que participará o profesor Fernando González Laxe.

 

A asistencia ao acto de inauguración, organizado pola Cátedra de Internacionalización de Estudos Luis Fernández Somoza no marco do seu ciclo de conferencias, é de carácter libre ata completar aforo.