Actualidade

O investigador Javier Cudeiro Mazaira participará como relator nas Xornadas Neurociencia e Xustiza

06/05/2021

 

Fundación Paideia GalizaGrupo de Investigación NEUROcom-UDC-INIBIC e o Grupo de Investigación Filosofía Constitución e Racionalidade-UDC  organizan as Xornadas Neurociencia e Xustiza. Terán lugar os días 20 de maio e 3 de xuño onde se abordará desde o punto de vista xurídico e da neurociencia O libre albedrío na primeira jornada, e A neuromellora na  segunda.

 

¿Qué nos deparará a ciencia do futuro? 

Sabemos que a neurociencia non é un compartimento estanco que se nutre exclusivamente de seu, senón que estende o seu coñecemento de forma recíproca por moitas disciplinas en ámbitos tan variados como a arte, a economía, as ciencias, a filosofía ou o dereito. Neste sentido, hai dous problemas fundamentais da neurociencia que a entroncan coa xustiza e que serán obxecto de análise nestas xornadas.

 

Colaboran na organización o grupo de Neurociencia e Control Motor (NEUROcom) da Universidade da Coruña, coordinado polo Catedrático Javier Cudeiro Mazaira, e Director do Centro de Estimulación Cerebral de Galicia. Abordan o estudo do sistema nervioso a varios niveis (experimentación básica, modelización e experimentación aplicada) mediante un enfoque multidisciplinar, que vai desde o rexistro de sinais bioeléctricas ata o desenvolvemento de ferramentas de análisise matemático. Conta, polo tanto, con especialistas que proveñen de distintos campos do coñecemento: medicina, fisioterapia, física, bioloxía, CC. do Deporte, terapia ocupacional e enxeñaría, que ademais impartirá un dos relatorios chamado "Nesta festa coeime, e o cerebro mellorei. Ou non?"; e o  Grupo de Investigación Filosófia Constitución e Racionalidade-UDC dirixido polo Catedrático José Antonio Seoane Rodríguez céntranse nos aspectos éticos e xurídicos co coidado da saúde e das relacións asistenciais.

 

Ao longo das xornadas falarase sobre o entendemento dos mecanismos e a toma de decisións e se ese proceso é consciente, voluntario e está influido polas emocións, para logo centrase na parte nuclear da neurociencia, a capacidade do cerebro de cambiar adaptándose ao medio para ser máis eficiente, que se coñece como plasticidade cerebral. Os avances científicos agroman novas alternativas para actuar e mellorar a plasticidade cerebral, coa intención de axudar aos pacientes e curar múltiples patoloxías. Poren, ¿que ocorre cando eses procedementos se utilizan en individuos sans?. 

 

A asistencia é gratuita previa inscrición a través da páxina da Fundación Paideia Galiza. Fai click AQUÍ para máis información.