No marco deste encontro a profesora da Universidade Pompeu Fabra Mónika Jiménez pronunciará a conferencia 'Viviendo en el feed. Salud mental y redes sociales en la adolescencia'.
Ademais levarase a cabo a presentación do libro 'Comunicación y Salud', polo Catedrático da Universidade Carlos III e especialista no ámbito, Daniel Catalán. Dito libro forma parte da colección editorial Comunicación e Axenda 2030 estará composta por un total de 17 títulos nos que se poñerá o foco na contribución da Comunicación a cada un dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda 2030 de Nacións Unidas (ONU), que edita a Cátedra Vegalsa-Eroski en Colaboración con Editorial UOC.
Relatores
Daniel Catalán é Catedrático de Xornalismo na Universidade Carlos III. Estudioso da comunicación sanitaria con case 20 anos de experiencia Destaca pola súa ampla traxectoria internacional en organizacións de saúde pública e o seu sólido historial de publicacións de alto impacto. Dirixiu e formou parte de proxectos de investigación nacionais e internacionais e é o director de MEDIALAB, o grupo de investigación da UC3M "Análise, medios e participación pública: laboratorio de comunicación, xornalismo e tecnoloxía".
Pola súa parte, Mónika Jiménez, profesora da Universidade Pompeu Fabra, dirixe na actualidade o proxecto Los adolescentes españoles como receptores y creadores de contenidos sobre salud mental en las redes sociales. Discurso, incidencia y propuesta de herramientas de alfabetización digital sobre los trastornos psicológicos y su estigma, financiado por el Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades. É doutora en Comunicación Audiovisual pola Universidade Pompeu Fabra (Barcelona), onde imparte docencia na Licenciatura en Publicidade e Relacións Públicas e no Máster Oficial en Estudos Avanzados en Comunicación Social. Licenciada en Ciencias da Comunicación e Humanidades, a súa investigación céntrase en dúas áreas de interese: os efectos das mensaxes dos medios de comunicación nos Trastornos Alimentarios e a organización de eventos como ferramenta de comunicación estratéxica no campo das Relacións Públicas.
Sobre a Cátedra Vegalsa-Eroski UDC
A Cátedra Vegalsa-Eroski de Compromiso Social, Comunicación y Reputación Corporativa naceu co obxectivo de contribuír ao benestar e á mellora da nosa sociedade a través de actividades de educación e divulgación, de investigación e de aplicación do coñecemento.
A idea é poder facilitar á comunidade universitaria e á sociedade en xeral unha visión integral sobre a importancia da comunicación á hora de impulsar hábitos de vida saudables e conciencia ambiental, favorecendo á súa vez un consumo consciente e sostible. Para logralo priorizaranse as accións en catro liñas de actuación fundamentais: investigación, transferencia, formación e accións de tipo relacional e de proxección social, achegando Vegalsa-Eroski unha dotación anual de 20.000 euros para a súa consecución.
Editorial UOC
Editorial UOC publica manuais universitarios, libros de divulgación e libros de ensaio e investigación con gran presenza temática da comunicación. É a primeira editorial universitaria española na clasificación de prestixio editorial SPI 2022 e mantén vivo un catálogo de 4.000 títulos en formato impreso e dixital.
Sobre Vegalsa-Eroski
Vegalsa-Eroski conta en Galicia, Asturias e Castela e León con 286 establecementos entre propios e franquiados baixo as marcas comerciais hipermercados e gasolineiras Eroski, Eroski Center, Autoservizos Familia, Cash Record, Eroski City, Aliprox e Eroski Rapid. A súa estrutura comercial en Galicia esténdese polas 4 provincias galegas e conta cunha moderna plataforma de mercadorías xerais, situada en Sigüeiro, A Coruña, dotada con tecnoloxías loxísticas de última xeración, ademais das plataformas de produtos frescos da Coruña e centros de redistribución en Vigo e Ourense.