FUAC
A Facultade de Economía e Empresa da UDC acollerá entre o 25 e o 28 de xuño, o primeiro curso de verán organizado pola Cátedra Greenalia-UDC para a Transición Enerxética titulado “Os desafíos da transición enerxética dende as perspectivas climática, política, tecnolóxica, xeoestratéxica, profesional e empresarial”. O curso terá lugar os días 25, 26, 27 e 28 de xuño en horario de 9:30h a 13:30h, e de 15:30h a 17:30h no Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa da UDC.