FUAC. Comunicación. Actualidade

O proxecto do CITIC Talentos Inclusivos recibe o premio Ciencia e Valores Humanos do concurso internacional “Ciencia en Acción”

28/10/2024

O proxecto Talentos Inclusivos do CITIC da Universidade da Coruña acaba de recibir un novo recoñecemento polo seu traballo á hora espertar vocacións STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics) entre a mocidade e dar a coñecer a realidade da discapacidade a través de equipos colaborativos de traballo para resolver retos tecnolóxicos expostos por persoas con parálise cerebral.  Nesta ocasión o proxecto do CITIC foi galardoado co primeiro premio ex aequo na categoría “Ciencia e Valores Humanos” do certame internacional Ciencia en Acción. Trátase dun concurso internacional dirixido a estudantes, profesorado, persoal investigador e de divulgación da comunidade científica. Durante a pasada semana, as inicitivas finalistas exhibíronse en formato en liña, e a entrega de premios tivo lugar este pasado sábado.

O Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña recibe o Premio Nacional de Enxeñería Informática polo seu programa Talentos Inclusivos

17/03/2023

O Consello Xeral de Colexios Profesionais de Enxeñaría de Informática de España outorgou, nesta primeira edición, o premio nacional na categoría de "Humanismo e Compromiso Social" ao Centro de Investigacións TIC da Universidade da CoruñaCoruña(CITIC) polo seu programa Talentos Inclusivos. O director do CITIC, Manuel F. González Penedo, quen participou onte no acto de entrega, xunto co reitor, Julio Abalde, na Real Academia de Enxeñaría en Madrid, agradeceu este recoñecemento, que, segundo dixo “vén premiar a esencia do proxecto e tamén o labor dun centro, o noso, que traballa e evoluciona conectado coa sociedade e as súas necesidades”. Le aquí a noticia completa.