FUAC. Comunicación. Actualidade

Clausurada con éxito a terceira edición do ALDABA-TIC CAMP

07/07/2025

O pasado venres día 5 botou o peche a terceira edición do ALDABA-TIC CAMP co acto de clausura da segunda quenda celebrada na Facultade de Informática da UDC. No acto, participaron a Vicerreitora de Igualdade e Diversidade da UDC, Cristina López, o Vicedecano de Recursos Informáticos da Facultade de Informática, Francisco Cedrón, a Directora do Área de Talento, Cultura e Impacto Positivo do Grupo ALDABA, Ariana Carro e a Directora da Cátedra ALDABA-WIB na UDC, Virginia Mato, quenes puxeron en valor a importancia de iniciativas como esta para achegar a tecnoloxía ás xeracións máis novas e reducir a fenda de xénero no ámbito TIC.

A UDC e UVigo clausura con éxito a primeira quenda da terceira edición do campamento tecnolóxico ALDABA-TIC Camp: Misión Salvar a Terra

30/06/2025

O venres 27 de xuño de 2025 rematou a primeira quenda do campamento tecnolóxico cun balance moi positivo, tanto pola elevada participación e excelente acollida por parte das familias, como pola implicación e entusiasmo da rapazada e a dedicación do equipo docente, consolidando esta terceira edición como un éxito rotundo.

A Cátedra ALDABA-WIB inicia hoxe o seu campamento tecnolóxico na FIC da UDC e ESEI da UVigo para nenas e nenos de entre 6 e 12 anos

23/06/2025

Baixo o lema “Salvar a Terra”, a rapazada participante aprenderá xogando sobre intelixencia artificial, programación de robots, domótica ou adestramento con drons, entre outras actividades, a través dunha misión de protección medioambiental e sustentabilidade. Entre as dúas quendas previstas participarán máis de 100 menores. 

AENOR e a UDC reforzan a súa colaboración en proxectos de prosprección tecnolóxica

12/05/2025

AENOR e a UDC colaboran no ano 2025 no desenvolvemento de 9 proxectos no ámbito de I+D+i. Os profesores Aitor Baldomir García, da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, Juan Ramón Rabuñal Dopico, da Facultade de Informática e Alfonso Loureiro Montero e Jose Manuel Reinosa Prado, da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF), participan en varios proxectos postos en marcha entre xaneiro e marzo de 2025. 

A Aula de Nutracéutica e Ciencias Biomédicas organiza o Curso de Avances en Nutracéutica e Inmunonutrición

17/10/2022

O prazo de inscrición atópase aberto desde o 17 de outubro de 2022 ata o 18 de novembro de 2022. O curso impartirase en formato semipresencial, con parte da fomación online. 

A Aula de Nutraceútica e Ciencias Biomédicas organiza o Curso de Nutrición Básica

01/10/2022

O prazo de inscrición atópase aberto desde o 1 de outubro de 2022 para o Curso de Nutrición Básica, impartido 100% online. Está dirixido a todas a aquelas persoas interesadas en iniciarse nos coñecementos fundamentais da ciencia da nutrición.

A Aula de Nutracéutica e Ciencias Biomédicas organiza o Curso de Nutrición Básica

15/04/2021

A Aula de Nutraceútica e Ciencias Biomédicas organiza o Curso de Nutrición Básica ONLINE. Desde hoxe e ata o 31 de agosto de 2021 todas aquelas persoas interesadas en iniciarse nos coñecementos fundamentais da ciencia da nutrición poden inscribirse. 

Charla-coloquio sobre COVID-19, Alimentación e hábitos de vida. Cómo mellorar o noso sistema inmunolóxico o 12 de outubro de 2020

12/11/2020

A aula de Nutracéutica colabora co IES Eduardo Blanco Amor de Ourense na organización o 12 de outubro de 2020 da charla-coloquio "COVID19, Alimentación e hábitos de vida. Cómo mellorar o noso sistema inmunolóxico".

As sesións pendentes do “Curso Actualización en inflamación e resposta inmunolóxica” impartíranse online a partir de outubro de 2020

15/10/2020

Tras as medidas adoptadas con motivo da crise sanitaria da COVID-19 e como medida de seguridade a Aula de Nutracéutica retoma a súa actividade online en outubro de 2020. A Coruña, Vigo, Oporto e Asturias acolleu  a primeira sesión presencial antes da declaración do estado de alarma.

Conferencias Aula de Nutraceútica e Ciencias Biomédicas previstas para o ano 2020

21/01/2020

No desenvolvemento das actividades previstas dentro da Aula de Nutraceútica e Ciencias Biomédicas ao longo do ano 2020 preveese  realizar unha serie de conferencias.

O Aula de Nutracéutica e Ciencias Biomédicas organiza o curso actualización en inflamación e resposta inmunolóxica

20/01/2020

Aberto o prazo de inscrición do Curso Actualización en inflamación e resposta inmunolóxica que comezará en febreiro de 2020.

Sinatura convenio entre Universidade da Coruña e Hausmann Galenica

25/10/2019

O pasado 25 de outubro de 2019 creouse a Aula de Nutraceútica e Ciencias Biomédicas.