FUAC
A World's Top 2% Scientist List está considerada como unha das máis prestixiosas do mundo, e este ano publica a súa sétima edición a Universidade de Stanford en Elsevier, tras a avaliación da información estandarizada sobre a produción científica, xerando dúas clasificacións, a primeira, que inclúe toda a traxectoria do persoal investigador, e unha segunda referida ao último ano de resultados. Destaca que algúns nomes se repiten nas dúas clasificacións. Ademais, das 23 persoas investigadoras vinculadas á UDC, 11 son mulleres, o que representa un 47.83 % do total.