FUAC. Comunicación. Actualidade

A Cátedra Epifanio Campo da UDC premiará as mellores propostas multimedia do estudantado centradas na divulgación da economía circular

08/08/2025

A Cátedra Epifanio Campo amplia o prazo de presentación dos III Premios de Investigación Epifanio Campo ata o venres, 24 de outubro

08/06/2025

Tras o éxito de edicións anteriores, a Cátedra Epifanio Campo da Universidade da Coruña convoca os III Premios de Investigación Epifanio Campo, en homenaxe a un pioneiro no ámbito da economía circular e a xestión ambiental. Os participantes nesta convocatoria deberán estar incluídos no Catálogo de Investigación da Universidade da Coruña, como membros dalgún grupo de investigación ou como investigadores individuais, na data en que acaba o prazo de recepción de solicitudes da presente convocatoria, o domingo 21 de setembro de 2025 (ampliado ata o 24 de outubro de 2025). Tamén poderán participar os estudantes matriculados no curso 2024-2025 en programas de doutoramento ou en traballos fin de grao ou máster da Universidade da Coruña que realizasen tarefas de investigación asociadas a ese proxecto, sempre que vaian acompañados de polo menos outro solicitante que estea incluído no Catálogo de Investigación da Universidade da Coruña, na data en que acaba o prazo de recepción de solicitudes da presente convocatoria [Enlace ao formulario de inscrición].

Finaliza o 30 de novembro a presentación de candidaturas terceira edición de premios da da A Cátedra Hijos de Rivera-UDC convoca á mellor Tese Doutoral de Desenvolvemento Sostible

30/09/2024

A Cátedra HR-UDC abre o prazo de convocatoria da terceira edición do premio Cátedra Hijos de Rivera-UDC á mellor Tese Doutoral en Desenvolvemento Sostible, dotado dun premio de 5.000 euros. 

A sala de prensa da Universidade da Coruña, na Reitoría, acolleu o 26 de xullo o acto de entrega dos III Premios da Cátedra Emalcsa - UDC aos mellores Traballos de Fin de Máster

26/07/2023

A sala de prensa da Universidade da Coruña, na Reitoría, acolleu o 26 de xullo ás 10:00h o acto de entrega dos  III Premios da Cátedra Emalcsa - UDC aos mellores Traballos de Fin de Máster defendidos polo alumnado da UDC no curso 2021-2022, relacionados coa xestión sustentable da auga urbanaO acto foi presentado polo vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya, contou coa asistencia da alcaldesa da Coruña e presidenta de Emalcsa, Inés Rey, o director Xeral de Emalcsa, Jaime Castiñeira de la Torre; e o director da Cátedra Emalcsa-UDC, o profesor Moisés Canle.