Así o ratificaron o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao Abad, a directora de Sostibilidade e Comunicación Corporativa de Vegalsa-Eroski, Gabriela González Márquez e o director da Fundación Eroski, Alejandro Martínez Berriochoa, tras a renovación do convenio de colaboración que materializa esta alianza. O obxectivo é sumar forzas para continuar traballando a favor dunha comunicación nas organizacións comprometida e con conciencia a través de dúas liñas fundamentais: a comunicación para a promoción de hábitos de vida saudables e a comunicación a favor do coidado da contorna.