FUAC. Comunicación. Actualidade

A UDC participa no proxecto europeo AOFFTECH para impulsar a eólica mariña flotante no Atlántico

10/09/2025

Persoal investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) e do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) participa no proxecto AOFFTECH: Atlantic Offshore Tech, financiado polo programa Interreg Espazo Atlántico e coordinado polo Galician Offshore Energy Group (GOE-Asime). O equipo da Universidade da Coruña (UDC) lidera o estudo das necesidades tecnolóxicas para a implantación de parques experimentais de eólica mariña flotante no Arco Atlántico, que conta cun orzamento total de 2,4 millóns de euros, dos cales 1,8 millóns están cofinanciados polo programa Interreg Espazo Atlántico a través do fondo europeo de desenvolvemento rexional (FEDER). [Link á noticia completa da UDC]

O CITENI e o CITIC da Universidade da Coruña desenvolven un modelo intelixente que optimiza a construción naval

10/09/2025

Persoal do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) do Campus Industrial de Ferrol e do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC) desenvolve un novo modelo de optimización para a planificación en estaleiros que inclúe, por primeira vez, a estratexia real de construción en bancada.  A investigación, publicada baixo o título “A constraint programming-based decomposition strategy for the block assembly scheduling problem in shipbuilding” na prestixiosa revista International Journal of Production Research, presenta unha metodoloxía que permite un uso moito máis eficiente dos recursos dun estaleiro, á vez que reduce os tempos de montaxe dos buques [Ligazón á noticia da UDC].

O CITENI desvela na revista Advanced Functional Materials unha nova orde molecular de polímeros semicondutores

27/05/2025