Baixo a dirección do profesor Luis Hernández Ibáñez, o grupo de investigación sobre Visualización Avanzada e Cartografía (Videalab/Cartolab) da UDC, atópase inmerso nun proxecto que busca desenvolver estratexias e procedementos de visualización e extracción de datos utilizando motores gráficos 3D no campo da arqueoloxía virtual
O docente Guillermo Franganillo Parrado, da Facultade de Ciencias da Comunicación e membro do grupo de investigación de Visualización Avanzada e Cartografía (Videalab/Cartolab) da UDC, participou na produción dunha obra audiovisual. Os traballos, desenvoltos en decembro de 2024, centráronse en proporcionar asesoramento en relación á produción sonora.
O Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da UDC participa nun proxecto de asistencia técnica para o desenvolvemento dunha ferramenta de seguimento e supervisión de programas rurais do Banco Interamericano de Desenvolvemento (BIC). O proxecto, renovado por 3 meses máis, está liderado polo investigador e director do grupo de investigación CARTOLAB, Alberto Varela, e ten por obxectivo facilitar un manexo máis eficiente de datos xeoespaciais vinculados a programas do BID. Os traballos, levados a cabo desde setembro de 2023, teñen prevista a súa finalización en maio de 2024.
O laboratorio de Enxeñaría Cartografía da UDC está colaborando nun proxecto de asistencia técnica para o desenvolvementeo dunha ferramenta de seguemento e supervision de programas rurais do Banco Interamericao de Desenvolvemento (BIC). O proxecto, liderado polo investigador e director do grupo de investigación CARTOLAB, ten por obxectivo facilitar o manexo máis eficiente de datos xeoespaciais vencellados á programas do BID. Os traballos, iniciados en setembro de 2023, teñen unha duración de 5 meses
O profesor Alberto Varela, da Escola de Camiños, dirixe un proxecto de deseño e implementación dunha metodoloxía de análise mediante o procesamento masivo de datos LiDAR para a identificación e caracterización de defectos no pavimento, sendo obxecto do estudo un tramo da rede viaria autonómica da Xunta de Galicia. Para o deselvolvemento dos traballos conta coa colaboración de técnicos do Grupo de Investigación Avanzada e Cartográfica (Cartolab) da UDC e do Grupo de Arquitectura de Computadores do Centro Singular de Investigación de Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da USC. Estímase un prazo de execución dos traballos de 9 meses. O orzamento para este estudo ascende a 18.000 euros.
Francisco Alberto Varela García dirixirá proxectos de investigación realizados polo Grupo de Investigación VAC sobre visualización gráfica de datos e análise cartográfico a través dos seus laboratorios #videaLAB e #cartoLAB.
O grupo CARTOLAB, dirixido polo profesor da Escola de Camiños, Alberto Varela, desenvolveu dous proxectos de investigación no ámbito do tratamento de imaxes e xeoposicionamento, tecnoloxía na que o grupo de investigación da UDC mantén un liderado tecnolóxico.