FUAC
O Traballo de Fin de Grao de Pablo Páramo sobre comunicación asistida en pacientes con ELA foi recoñecido cunha mención de honra nos Premios CREAIMPACTO 2025. Promovido polo Grupo VARPA e coa colaboración da Asociación Galega de Afectados pola ELA (AGAELA), o traballo foi desenvolvido baixo o modelo de Aprendizaxe-Servizo.