O Grupo Naturalista Hábitat organiza o mércores 9 de xullo ás 19:00h, unha actividade para coñecer fauna e flora da contorna da Torre de Hércules, que obtivo o recoñecemento definitivo como Espazo Natural de Interese Local (ENIL) o pasado mes de xuño. Coa participación dos investigadores Jonatan Rodríguez Parra (USC) e Sergio Rodríguez Roiloa (UDC), o encontro ‘Exploración de la fauna del suelo y en el impacto de la flora invasora’ mostrará aos asistentes como a interacción entre o chan e a planta inflúen na relación entre as especies de flora autóctonas e as exóticas invasoras, entre elas a uña de gato (Carpobrotus spp.). Para participar na xornada, aberta ao público, é necesario reservar praza a través do seguinte formulario (pica aquí), xa que as prazas son limitadas. Fonte: La Opinión A Coruña (7/7/2025).