FUAC. Comunicación. Actualidade

A Universidade da Coruña impulsa proxectos no ámbito da enxeñería civil e a construción

03/02/2025

A UDC a través do grupo de Construción (gCONS) adscrito ao CITEEC, participa en proxectos para entidades no ámbito de I+D+i, co obxectivo de contribuír á mellora da integridade estrutural en proxectos de enxeñería civil. Durante o segundo semestre do ano 2024 colabora no desenvolvemento de varios proxectos, impulsados por Nordex e Ronautica Quality Marinas. Os traballos, dirixidos polo investigador Fernando Martínez Abella, supoñen un investimento de 35.000 euros.

A Universidade da Coruña impulsa proxectos na área da enxeñería da Construción

21/11/2024

A UDC a través do grupo de Construción (gCONS) adscrito ao CITEEC, participa en proxectos para entidades no ámbito de I+D+i. Durante o primeiro semestre do ano 2024 levaron a cabo dous proxectos, dirixidos polo investigador Fernando Martínez Abella, un con Aquatica Enxeñería o proxecto Ports4.0 – Steel Free Heavy Pontoons e outro con Nordex, que supoñen un investimento de 164.000 euros.

A Universidade da Coruña participa no proxecto Ports4.0 – Steel Free Heavy Pontoons

25/01/2024

A Universidade da Coruña e Aquatica Ingeniería Civil impulsan o proxecto Ports4.0 – Steel Free Heavy Pontoons. O equipo, liderado polos profesores Fernando Martínez Abella e María Belén González Fonteboa membros do grupo de Construción (GCONS) e do departamento de Enxeñaría Civil da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Caminos, Canais e Portos (ETSI) da UDC, estudará a viabilidade de Pantaláns flotantes de formigón, modulables, realizados con chasis de polímeros reforzados con fibras (PRF), co obxecto de demostrar que esta tecnoloxía é válida para as pequenas embarcacións de traballo e, nese caso, implantar no mercado esta tecnoloxía. Os traballos teñen unha duración de 12 meses e conta cun orzamento de 67.000 euros.  

GALCORE e a UDC colaboran no desenvolvemento de proxectos de I+D+i

09/08/2023

GALCORE e a UDC colaboran no desenvolvemento de proxectos no ámbito de I+D+i. O profesor Ramón Arriaga Díaz da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF) liderou un proxecto sobre asesoramento e colaboración no desenvolvemento e mellora tecnolóxica e realización de ensaios de autocontrol no primeiro cuadrimestre do ano 2023.

O grupo de investigación de Construcción (GCONS) leva a cabo proxectos na área da Enxeñaria da Construcción

07/08/2023

O investigador Fernando Martínez Abella, membro do Grupo de Investigación de Construcción (GCONS) adscrito ao Centro de Innovación CITEEC, será o encargado de dirixir o proxecto sobre o estudo do comportamento de anclaxe en hormigón. Os traballos, que serán levados a cabo por investigadores do grupo GCONS, incluen: a asistencia técnica, fabricación de especímenes do ensaio, ensaios e elaboración dun informe. O proxecto ten unha duración de 6 meses e conta cun orzamento de 8.500 euros.