O grupo de investigación Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser (LAIL) adscrito ao Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da UDC, lidera un proxecto de investigación para o desenvolvemento dun electrolizador alcalino de H2Ou integrado en sistemas de enerxía distribuída para a descarbonización (H2‐ OG ‐ hidróxeno Off Grid). Os traballos, desenvolvidos baixo a dirección do profesor José Manuel Amado Paz, teñen o obxectivo de avanzar na transición cara a unha economía baixa en carbono.
O grupo de investigación do Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser (LAIL) adscrito ao Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da UDC, lidera proxectos de investigación baseados na aplicación da tecnoloxía láser. Os traballos teñen por obxecto asesorar ás empresas no tratamento e análise de materiais con láseres pulsados e aplicacións industriais de láseres de potencia, realizando cursos de formación e desenvolvendo actividades de divulgación para promover o coñecemento científico na sociedade. Os traballos desenvolvidos durante o ano 2023, dirixidos polo coordinador do grupo de investigación LAIL, Armando Yañez Casal e os investigadores Ana Jesús López Díaz e Alberto Ramil Rego, supoñen un investimento que ascende a 25.000 euros.
O investigador Armando Yañez Casal, coordinador do grupo de investigación Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser (LAIL) será o encargado dirixir o proxecto para a realización dun curso de formación sobre “LASER CLADDING DE MATERIALES CERAMICOS DE MATRIZ METALICA”. O curso ten unha duración de 15 horas, distribuído en tres xornadas e impartirase por profesores do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais(CITENI) da Universidade da Coruña.