A profesora Marta Rey García da Facultade de Economía e Empresa da UDC dirixe un proxecto para o estudo de caracterización da sustentabilidade económica das organizacións de plena inclusión dirixidos ao fortalecemento da xestión organizacional. Os traballos, levados a cabo entre febreiro e decembro de 2025, dan continuidade ao proxecto para o estudo de caracterización de agrupacións industriais das organizacións de plena inclusión dirixido á acción estratéxica desenvolto entre maio e decembro de 2023, co obxectivo propoñer liñas de acción estratéxica axustadas aos distintos perfís de membros identificados á entidade. Co presente estudo búscase reforzar a importancia dunha intervención estratéxica informada e colexiada, orientada á real mellora da calidade de vida de colectivos en situación de vulnerabilidade
A profesora da UDC e investigadora do Grupo de investigación Jean Monnet de Competencia e Desenvolvemento da UDC, Nuria Calvo Babío, dirixe o Proxecto GEM España 2024/2025, que centra a súa actividade no estudo da actividade emprendedora de España. O estudo desenvolverase entre xullo de 2024 e xullo de 2025 e contan cun orzamento de 25.000 euros.
As profesoras Nuria Calvo Babío e Marta Rey García da Facultade de Economía e Empresa da UDC dirixen estudos ao redor da viabilidade e sustentabilidade económica cun investimento de 34.000 euros. Nuria Calvo dirixe un estudo estudo de viabilidade polígono industrial de Lamas por un período de 5 meses; e Marta Rey dirixe un estudo de caracterización de agrupacións industriais das organizacións de plena inclusión dirixido á acción estratéxica desde maio ata decembro de 2023, co obxectivo de propoñer liñas de acción estratéxica axustadas aos distintos perfís de membros identificados á entidade.
A investigadora Marta Rey García, da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña, dirixe un proxecto sobre a investigación interactiva sobre o terceiro sector de acción social en España para a plataforma da ONG de acción social, impulsado por Fresno Servicios Sociales. O prazo durante o que se desenvolverán as actividades será de 9 meses, concluíndo en febreiro de 2023 coa presentación dun informe que recolla os resultados da análise e unha base de traballo para asumir os retos nos próximos anos.