FUAC. Comunicación. Actualidade

O investigador Miguel Rodríguez Bugarín dirixe un proxecto de mellora das comunicacións na zona portuaria de Vigo e a rede ferroviaria da Unión Europea

11/07/2022

O investigador Miguel Rodríguez Bugarín de Enxeñaría Civil dirixe os traballos obxecto do estudio da conectividade ferroviaria á terminal de Bouzas. Encargarase de analizar os aspectos que resulten máis importantes e decisivos relacionados coa conexión arredor do porto de Vigo e a rede ferroviaria da Unión Europea, tanto desde o punto de vista das infraestruturas como dos servizos ferroviarios de mercancías a desenvolver. Concluindo os traballos coa presentación dun informe no que se expoñan e desenvolvan argumentos técnicos que promovan a contrución dun acceso ferroviario á zona portuaria de Bouzas, en particular para conectar a terminal portuaria de transbordadores coa rede ferroviaria de interese xeral (RFIG).

O investigador Miguel Rodríguez Bugarín inmerso nun proxecto de mellora das comunicacións do Porto de A Coruña

28/12/2021

 

O investigador Miguel Rodríguez Bugarín coordinará os traballos obxecto do estudo dos elementos para a definición dunha estratexia ferroviaria para a Autoridade Portuaria de A Coruña. Desde finais de outubro de 2021 e ata febreiro de 2022 o investigador encargarase de analizar os aspectos que, nos próximos anos, resulten máis importantes e decisivos relacionados coa conexión do Porto de A Coruña e á rede ferroviaria nacional e europea. O orzamento do proxecto ascence 14.000 euros.