FUAC. Comunicación. Actualidade

A Universidade da Coruña e a Fundación CEPAIM impulsan proxectos sobre migración e desenvolvemento

23/09/2024

O grupo de investigación Equipo Sociedades en Movemento (ESOMI) colabora no desenvolvemento de proxectos do ámbito das migracións desde unha perspectiva sociolóxica. Desde o mes de abril de 2024 o equipo de traballo, liderado pola profesora de Socioloxía Laura Oso Casas, e membro activo do grupo de investigación ESOMI, colabora nun proxecto para o estudo das desigualdades sociais desde un enfoque interseccional, desenvolto no marco do proxecto "CRUCE DE CAMIÑOS: Espacios Rurais de Diálogo Intercultural". Este proxecto piloto aspira a transformar contornas rurais en espazos inclusivos e libres de discriminación, mediante un enfoque participativo e unha visión integral dos desafíos e oportunidades. Os traballos teñen unha duración de 8 meses e contan cun orzamento estimado de 37.000 euros. 

A Universidade da Coruña e a Rede Acolle impulsan proxectos sobre migración e desenvolvemento

26/03/2024

O equipo de traballo, que está a levar a cabo os traballos de asesoramento no desenvolvemento do proxecto as microcredenciales como unha oportunidade de aprendizaxe para persoas en situación de vulnerabilidade, está dirixido por Laura Ouso, Catedrática da Universidade na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña e coordinadora do ESOMI. Os traballos inclúen a proxección, elaboración e posta en marcha da microcredencial centrada no sector do fogar e os coidados, avaliación e difusión das aprendizaxes obtidas no seu desenvolvemento. O proxecto, cuxos traballos deron comezo en marzo de 2024, ten unha duración de 10 meses.

O grupo de investigación ESOMI da UDC lidera proxectos de investigación no ámbito galego

01/12/2023

A coordinadora do grupo de investigación ESOMI colabora no desenvolvemento de proxectos do ámbito das migracións desde unha perspectiva sociolóxica. Os traballos, que comezaron en outubro de 2023, inclúen a elaboración dun informe que recolle a evolución dos movementos migratorios, o perfil da poboación migrante en Galicia e o impacto positivo que está a ter no territorio. O proxecto ten unha duración de tres meses.

O Equipo de investigación Sociedades en movimiento (ESOMI) responsable da elaboración do Plan de Loita contra o racismo e a xenofobia en Navarra (2021-2026)

13/10/2021

O proxecto conta cunha duración máxima de 7 meses e un orzamento de 46.000 euros para a súa elaboración. equipo que está levando a cabo o proxecto está dirixido por Laura Oso, Catedrática da Universidade na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña e coordinadora do ESOMI, cuxa entrega está prevista a finais do mes de decembro do ano 2021.