FUAC. Comunicación. Actualidade

A Universidade da Coruña e a Federación Galega de Natación colaboran nun proxecto orientado á mellora do rendemento deportivo

16/01/2025

O Grupo de aprendizaxe e control do movemento humano en actividade física e deporte (ACoM) da UDC, en colaboración coa Federación Galega de Natación, colaboran nunha iniciativa que busca integrar a investigación académica coa práctica deportiva, proporcionando ferramentas e recursos que optimicen a preparación física e técnica dos atletas galegos. Os traballos, dirixidos por Virginia López Alonso, profesora de INEF e membro activo do grupo de investigación, inclúen a análise, seguimento e mellora do rendemento deportivo da selección galega de natación artística, a desenvolver entre decembro de 2024 e xullo de 2025.

A Fundación Deporte Galego e Universidade da Coruña traballan en prol de reactivar o deporte galego

11/05/2021

A Fundación Deporte Galego encarga ao Grupo de aprendizaxe e control do movemento humano en actividade física e deporte (ACoM) da UDC o asesoramento e análise no proceso metodolóxico para a identificación e o control da situación de contaxio do coronavirus SARS-CoV-2 no deporte galego. O responsable do proxecto é D. Rafael Martín Acero e é o encargado de transmitir os resultados obtidos á entidade.

 

Traballan para identificar os riscos de transmisión do virus. Fundamental para o fomento da práctica deportiva de base e de alto nivel, xa que permitirá establecer medidas de seguridade que evite a transmisión e incrementa a seguridade dos participantes. 

 

#investigacionudc #deportegalego