FUAC. Comunicación. Actualidade

Investigadores do CICA participan en proxectos de I+D en biodiversidade sobre a avaliación do impacto ambiental do medio rural

17/01/2025

A profesora da Facultade de Ciencias da UDC, María Cristina Piñeiro Corbeira, membro activo do grupo de investigación BIOCOST, lidera proxectos de I+D en biodiversidade no medio rural. Entre setembro e outubro de 2024 abordou un proxecto para a realización dun estudo do impacto ambiental da senda ciclable de Valdoviño, co obxectivo de contribuír á conservación dunha contorna de gran valor ambiental e mellora da mobilidade sostible da comarca.

Investigadores do CICA da Universidade da Coruña participan en proxectos de I+D en biodiversidade no medio rural

28/10/2024

Os profesores Rodolfo Barreiro Lozano, coordinador do grupo de investigación BIOCOST e Jaime Fagundez Díaz, membro activo do grupo de investigación BIOCOST, ambos os profesores da Facultade de Ciencias da UDC, lideran 5 proxectos de I+D en biodiversidade no medio rural durante os meses de xaneiro a xullo de 2024, cun investimento próximo aos 47.000 euros. 

O investigador do CICA, Jaime Fagúndez, imparte unha conferencia na Xuntanza naturalista sobre especies exóticas invasoras en Galicia

28/10/2024

O profesor de Botánica da Facultade de Ciencias da UDC e investigador no CICA do grupo BIOCOST, Jaime Fagúndez, impartiu unha conferencia baixo o título: “Avances no coñecemento das especies exóticas invasoras de Galicia” na “Xuntanza naturalista”, celebrada o 14 de xuño de 2024 no Museo de Historia Natural de Ferrol. Durante a conferencia explicou algúns casos de especies invasoras de Galicia e como traballa en diferentes liñas de investigación para mellorar o coñecemento e propoñer medidas de xestión que mitiguen os efectos negativos que producen.

O grupo de investigación BIOCOST participa en proxectos de I+D en biodiversidade

18/01/2024

O profesor Jaime Fagundez Díaz, profesor da área de Bioloxía da Facultade de Ciencias e membro activo do grupo de investigación Bioloxía Costeira (BIOCOST), lidera un proxecto para o estudo dos hábitats de interese comunitario (THIC) presentes en Galicia por un período de 18 meses, ata mediados de 2025. Os traballos teñen por obxectivo a determinación do estado de conservación, redacción de medidas de conservación e deseño dun sistema de seguimento para hábitats de interese comunitario, característico de formacións herbosas, dentro e fóra da Rede Natura 2000. Para levar a cabo os traballos conta cun orzamento de 54.000 euros.  

Profesores da Facultade de Ciencias da UDC participan en proxectos de I+D en biodiversidade no medio rural

03/01/2024

Os profesores María José Servia García e Jaime Fagundez Díaz, profesores da área de Bioloxía da Facultade de Ciencias,  lideran proxectos de I+D en biodiversidade no medio rural.  Os traballos desenvolvidos durante o ano 2023 teñen como obxectivo o acompañamento científico-técnico e traballos de campo na avaliación de estratexias emerxentes e ambientais sostibles, para o control de pragas nos cultivos (velutina, paxaros, jabalíes), o deseño dun proxecto de Cooperación Leader 2022-2023 sobre polígonos vitícolas e frutícolas para identificar a problemática do viñedo, analizar as posibles alternativas de loita con métodos sostibles fronte á velutina, jabalíes e aves e deseñar posibles cultivos de interese, ambos dentro do proxecto “Polígonos vitícolas e frutícolas, viño e froita” e o deseño dun proxecto de Cooperación Leader 2022-2023 para o proxecto “Conectando Biodiversidade”, co obxectivo de identificar posibles actuacións a desenvolver e áreas de conectividade ecolóxica na área da Coruña.

Profesoras da Facultade de Ciencias participan nun proxecto para o censo de polinizadores en viñedos e áreas de cultivo

15/11/2023

María José Servia García e Marta Vila Taboada, profesoras da área de Bioloxía da Facultade de Ciencias, participan nun proxecto para a asistencia técnica e asesoramento para o censo de polinizadores en viñedos e áreas de cultivo.

O profesor de Bioloxía Jaime Fagúndez Díaz estuda os Habitats de Interese Comunitarios (HICs) en Ourense

22/03/2023

O investigador e membro do Grupo de Investigación BIOCOST, Jaime Fagundez Diaz está inmerso nun proxecto sobre o estudo da presenza e estado de conservación de habitats de interese comunitarios(HICs) nunha área en Calvos de Randin (Ourense) desde o mes de marzo. Durante tres meses realizará traballos de campo co obxectivo de identificar, localicar, delimitar e valorar o estado de conservación dos HICs da zona.

Estudo de hábitats naturais e proposta de medidas a compensatorias no norte de Lugo polo biólogo Jaime Fagundez

30/06/2022

O investigador e membro do Grupo de Investigación BIOCOST, Jaime Fagundez Díaz, atópase inmerso nun proxecto sobre o estudo da biodiversidade do norte da provincia de Lugo. Os traballos incluen a avaliación dos hátitats incluidos na Directiva 92/43/CEE e do seu estado de convservación durante dous meses, cos que elaborar a cartografía da zona e presentación de propostas de medidas para a conservación e restablecemento dos hábitats naturais, da fauna e flora silvestres de interese comunitario.

Estudo dos hábitats da provincia de Lugo polo Biólogo Jaime Fagundez

10/11/2021

O investigador e membro do Grupo de Investigación BIOCOST, Jaime Fagundez Diaz atópase inmerso nun proxecto sobre a avaliación da presenza de hábitats e vexetación en dúas áreas de estudo no norte de Lugo desde o mes de setembro. Durante 3 meses realizará traballos de campo co obxectivo de estudar os hábitats detectados, flora de interese ou ameazada e recomendación de actuación na zona.

O profesor de Bioloxía Jaime Fagúndez Díaz da UDC estuda a flora, vexetación e hábitats de Galicia

21/04/2021

O profesor Jaime Fagúndez Díaz dirixe proxectos para varias entidades na área da botánica. Actualmente imparte docencia na Facultade de Ciencias da UDC e é membro do Grupo de investigación Biología Costera (BIOCOST). Os encargos consisten na realización de estudos da flora, vexetación e hábitats en Galicia; para a elaboración de cartografía específica con localización de hábitats, flora de interese ou ameazada e recomendacións de actuación.