FUAC. Comunicación. Actualidade

O grupo de Análise e Prospectiva Sociopolítica da UDC aborda proxectos de investigación social

29/01/2024

O profesor Alberto Cotillo Pereira da Facultade de Socioloxía e coordinador do Grupo de Análise e Prospectiva Sociopolítica (LAPSO) da UDC dirixe un proxecto de investigación social, onde explorará e analizará datos cuantitativos para a elaboración dun informe posterior. Os traballos teñen unha duración de 2 meses e conta cun orzamento de 30.000 euros.  

O grupo de Análise e Prospectiva Sociopolítica (LAPSO) desenvolve avaliacións de ámbito social para a empresa Simple Lógica Investigacións por 44.000 euros

03/03/2021

Os profesores da Facultade de Socioloxía e membros do Grupo de Análise e Prospectiva Sociopolítica (LAPSO) Alberto Cotillo Pereira, Juan de Dios Ruano Gomez e Elvira Santiago Gomez participan en varios proxectos no asesoramento sobre datos sociais a petición da empresa Simple Lógica Investigación por un importe de 44.165 euros. Máis en particular o Grupo de Análise e Prospectiva Sociopolítica conta con experiencia na análise e interpretación de enquisas sociolóxicas, na análise de datos secundarios e análise de programas informativos audiovisuais.