A Universidade da Coruña, a través do grupo de investigación de Estruturas Arquitectónicas (GEA), participa nun proxecto de asesoramento técnico sobre a estabilidade estrutural de edificios de madeira. Os traballos, dirixidos polo arquitecto Pablo Guindos Bretones desde o mes de febreiro de 2025, teñen por obxectivo a optimización estrutural do prototipo Woodie1 para a súa implantación na obra, como alternativa real da construcción en madeira, máis sostible e eficiente. O proxecto ten unha duración de 12 meses e conta cun orzamento de 34.000€.
A Universidade da Coruña, a través do grupo de investigación de Estruturas Arquitectónicas (GEA), aborda proxectos de arquitectura. Os traballos desenvolvidos abril e xullo de 2024 foron liderados polos investigadores Manuel José Freire Tellado, encargándose da redacción dun proxecto e dirección da execución de reparación dunha fachada dun edificio, e Pablo Guindos Bretones, encargouse do deseño da estrutura e cálculo dunha vivenda de CLT(Cross Laminated Timber), tamén chamado TCL (tableiro contralaminado).
O profesor de arquitectura Manuel José Freire Tellado, destacado académico e profesional no campo da arquitectura, atópase actualmente involucrado nun importante proxecto de rehabilitación da cúpula de Nosa Señora da Antiga, situada no Colexio do Cardeal de Monforte de Lemos. Freire Tellado é profesor na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña e forma parte do grupo de investigación de estruturas arquitectónicas (GEA), o que reflicte o seu compromiso co ensino e a investigación neste ámbito.
O profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura e membro activo do grupo de investigación de Estruturas Arquitectónicas (GEA) da Universidade da Coruña, José Antonio Vazquez Rodríguez, aborda un proxecto de conservación e restauración da Capela de San Roque no Concello de Sada. Os traballos, iniciados en marzo, teñen unha duración de dous meses e consisten na elaboración do proxecto técnico do sistema de acodalamiento e estabilización da fachada do edificio da sala de exposicións “Capela de San Roque”.
O profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura e membro activo do grupo de investigación de Estruturas Arquitectónicas (Gea) da Universidade da Coruña, Manuel Jose Freire Tellado, participou durante os meses de xaneiro e febreiro de 2024 en tres proxectos de asesoramento en proxectos de estruturas para entidades de ámbito nacional.
Jose Antonio Vázquez Rodríguez é arquitecto e profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña. No desenvolvemento da súa profesión participa como director de obra de rehabilitación da cuberta da piscina municipal do Concello de Sada. As actuacións céntranse na realización dos traballos de documentación e asistencia técnica por un período de 8 meses.
Durante o 2021 firmáronse 10 contratos con diversas entidades por un importe de 21.000 euros co obxectivo de asesorar sobre a estabilidade estrutural en edificios. O investigador encargado de levalos a cabo é Juan Pérez Valcárcel, profesor de Estruturas da Escola Técnica Superior de Arquitectura e membro activo do Grupo de Estructuras Arquitectónicas (GEA).
O profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC Manuel José Freire Tellado dirixe a obra de restauración da Igrexa, Claustro e áreas de Visita Pública no Colexio do Cardeal de Monforte de Lemos (Lugo), para a súa realización contará con 6 meses desde a sinatura do encargo o 30 de abril de 2021 e contará cun importe de 12.600 euros.
O proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 que promove a restauración e mellora das condicións de conservación dos elementos singulares do patrimonio cultural da Ribeira Sacra para a súa difusión e posta en valor.
O arquitecto Javier Estévez Cimadevila da Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC redactou o proxecto básico e de execución de reparación e reforzo da estrutura correspondente a Lonxa Agropecuaria de Verín por 11.000 euros.
Os profesores da Escola Técnica Superior de Arquitectura Manuel Jose Freire Tellado, José Antonio Vazquez Rodríguez e Juan Perez Valcarcel impulsan proxectos de arquitectura para diversas entidades por un importe de 4.584 euros. O traballo do Grupo de Estruturas Arquitectónicas (GEA) céntrase na elaboración de informes onde levan a cabo a avaliación, entre outros de estruturas de edificios, estruturas de reforzo incluindo posibles solucións de reparación.
O profesor de Estruturas da Escola Técnica Superior de Arquitectura, Juan Pérez Valcárcel, dirixe na actualidade dez proxectos de investigación cuxo importe total ascende a 20.509,5 euros. O traballo do Departamento de Construcións e Estruturas Arquitectónicas Civil e Aeronáuticas céntrase, no eido destas iniciativas, na elaboración de informes para a avaliación estrutural de edificios, estruturas de reforzo, repercusión estrutural de modificacións, estado de muros de contención e incluso no cálculo das estruturas de aceiro de diversos carteis de sinalización.