A UDC, en colaboración con Comunidade Campus, lanza un programa de asesoramento e formación enfocado no deseño e modelado para a produción. Este proxecto, liderado por Manuel Jesús González Castro, docente da EPEF e membro activo do grupo de investigación Laboratorio de Enxeñería Mecánica (LIM) da UDC, desenvolverase ao longo de 12 meses desde o seu inicio en xaneiro de 2025. O obxectivo principal desta iniciativa é ofrecer unha capacitación especializada en deseño e modelado aplicado ás tecnoloxías aditivas, coñecidas comunmente como impresión 3D. A través deste programa, búscase mellorar os coñecementos e habilidades dos participantes en áreas clave da enxeñaría, facilitando así o seu desenvolvemento profesional e contribuíndo á innovación no ámbito da fabricación.
A Universidade da Coruña amplía a súa colaboración con Btwice mediante un novo proxecto titulado "Asesoramento na Determinación Experimental de Propiedades e Comportamento Térmico de Motores Eléctricos”. Os traballos están coordinados polo profesor Francisco Javier González Varela da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol e coordinador do grupo de investigación Laboratorio de Enxeñería Mecánica (LIM) desde o ano 2022. Durante o desenvolvemento desta investigación, realizaranse unha serie de experimentos destinados a recompilar datos sobre como os motores eléctricos reaccionan baixo distintas condicións térmicas. Este asesoramento permitirá optimizar os seus deseños e procesos, contribuíndo a innovacións na tecnoloxía de motores eléctricos.
Os investigadores do Laboratorio de Enxeñaria Mecánica (LIM) adscrito ao Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), Francisco Javier Gonzalez Varela e Manuel Jesús González Castro, lideran tres proxectos de I+D+i entre decembro de 2022 e maio de 2023. Dous dos proxectos están centrados na investigación das propiedades de motores eléctricos, e o terceiro no deseño e verificación de columnas e báculos de iluminación.
O investigador e coordinador do Laboratorio de Enxeñaría Mecánica (LIM), Javier Cuadrado, dirixe un estudo ergonómico dun posto de traballo para ZEN Business Solutions S.L. Os traballos desenvolvidos procuran reducir as lesións dos operarios na realización das súas tarefas laborais. O estudo desenvolverase no prazo de 6 meses.
Reserva a túa praza no International Symposium on Co-Simulation and Solver Coupling in Dynamics - COSIM 2021 antes do 10 de maio de 2021.
Congreso online para científicos da comunidade internacional de investigación.
Celebraráse o 24 e 25 de maio que reunirá a expertos no campo da co-simulación de relevancia internacional e conta co respaldo da IUTAM (Asociación Internacional para Dinámica de Multicuerpos) e IMSD (Unión Internacional de Mecánica Teórica y Aplicada).
Interesada/o? Podes inscribirte aquí.
Esperámosvos!
A entrega do galardón, que ascende a 5.000 euros, terá lugar nun acto público no que o premiado compartirá cos asistentes os resultados mais significativos do seu traballo.