A Cátedra AECC-UDC: Exercicio contra o Cancro, en colaboración co Grupo de Rendemento e Saúde (PHG) da Universidade da Coruña, ten entre os seus obxectivos a formación continua de profesionais da saúde e do exercicio. Neste marco, creouse o "Seminario: Exercicio e Cancro", un programa de formación de 16 semanas dirixido a estudantes do Grao en Actividade Física e Ciencias do Deporte (CCAFYD).
O seminario combina unha parte teórica, destinada a revisar as últimas probas científicas e as principais respostas e adaptacións do adestramento para persoas con cancro, e unha parte práctica, na que os estudantes participarán nunha intervención supervisada con persoas con cancro de mama, aplicando de xeito seguro e progresivo os coñecementos que adquiriron.
O compoñente teórico terá lugar do 24 de febreiro ao 5 de marzo e incluirá os módulos "Fundamentos teóricos do exercicio en oncología" e "Deseño e planificación da intervención", impartidos polo Prof. Juan Luis León Llamas (Universidade de Extremadura), quen actualmente realiza investigación e docencia na Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física da UDC. Do mesmo xeito, o compoñente práctico terá lugar do 10 de marzo ao 13 de xuño na aula de avaliación neuromuscular da facultade.
Inscricións ata o 22 de febreiro (prazas limitadas) na seguinte ligazón, pica aqui.