Actualidade

A Cátedra Emalcsa-UDC celebra en A Coruña a xornada INAWA sobre investigación e desenvolvemento do auga

04/12/2025

Este xoves tivo lugar en A Coruña a xornada INAWA, organizada pola cátedra Emalcsa-UDC, centrada na investigación e desenvolvemento da auga co foco no ambiente e nas persoas. A inauguración estivo a cargo da concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, acompañada do reitor da UDC, Ricardo Cao, do director de Augas de Galicia, Roi Fernández, e da subdirectora do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía da UDC, María Isabel González. Neira destacou a colaboración entre as institucións públicas e a dedicación á xestión e calidade da auga, mentres que o reitor subliñou que a cátedra é un referente de cooperación entre academia, Concello e empresa, sempre ao servizo da sociedade e do medio ambiente. Accede aquí a noticia completa do blog da UDC [pica aquí]