Actualidade

A universidade de Vigo asume a dirección da Cátedra Interuniversitaria ALDABA WIB

09/11/2020

 

En outubro de 2019 creouse a Cátedra Aldaba "WIB: Women, ICT & Bussiness", creada como fruto da colaboración entre a Escuela Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo e a Facultade de Informática da Universidade da Coruña e a empresa tecnolóxica Aldaba, da cal recibe o seu nome. A direccción concurrirá en anos alternos. 

 

O seu obxectivo é potenciar e enriquecer o progreso das TIC: por un lado, promocionado unha crecente participación das mulleres no seu desenvolvemento; e, por outro, establecendo canles bidireccionais de colaboración entre a universidade e a empresa.

 

Ao tratarse dunha Cátedra interuniversitaria, búscase tamén promover sinerxías entre ámbalas dúas Escolas de Informática, propor actividades conxuntas e estreitar lazos.

 

Por outra parte, a Cátedra promove o desenvolvemento de actividades que contribuan a dar visibilidade as aportacións das mulleres no mundo das TIC, de cara a xerar referentes para despertar o interese de rapazas e mozas en carreiras tecnolóxicas, como o proxecto Inspira Steam.