A profesoras da Facultade de Ciencias da Saúde, a Dra. Mercedes Seoane Bouzas, impartirá o seminario "Empoderamento en saúde mental e hábitos saudables despois da xubilación", organizado pola Universidade Sénior en colaboración coa Cátedra Vegalsa Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa.
O seminario constará de catro sesións de dúas horas de duración (de 17 a 19 horas) a desenvolver os días 6, 13, 20 e 27 de novembro de 2025, nas instalacións da Universidade Sénior en Normal (Paseo de Ronda nº 47 1º) de A Coruña.
Este seminario ten como obxectivo proporcionar ferramentas e estratexias prácticas para manter e mellorar a saúde mental e física nesta nova etapa da vida.
As persoas interesadas en participar poderán inscribirse de balde a partir do 27 de outubro de 2025 a través do seguinte enlace [pica aquí]. As prazas son limitadas e asignaránse por rigorosa orde de inscrición.