Os traballos, liderados polo investigador Carlos Aymerich Cano, especializado en Dereito Administrativo e membro activo do Grupo de Investigación Dereito Público Global da UDC teñen por obxectivo o asesoramento xurídico-administrativo no proceso de elaboración da Relación de Postos de Traballo (RPT) para unha entidade local. Os traballos, iniciados en febreiro de 2025, teñen unha duración de 12 meses e contan cun orzamento que ascende a 17.000 euros.