O próximo 18 de outubro de 2025 e en horario de 9:00 a 14:30 horas, terá lugar a V Xornada da Cátedra SXD Galicia Activa que leva por título "A saúde no deporte de alto nivel" no Hotel Oca Porta do Camiño en Santiago de Compostela.
O obxectivo desta xornada, de asistencia gratuíta, é profundar no papel da saúde física e mental como piares fundamentais no rendemento deportivo de alto nivel, e para iso contaremos cos seguintes relatores:
Carlos Lalín. Doutor en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, Diplomado en Fisioterapia. Readaptador deportivo en equipos profesionais de fútbol. Na súa traxectoria destacan os seus labores no Deportivo da Coruña, Real Madrid, Chelsea Football Club, AS Roma, Tottenham Hostpur F.C e Manchester United.
Presentará o relatorio I: A saúde física do deportista de alto nivel: perfil lesional.
Isabel Balaguer. Psicóloga do tenista Carlos Alcaraz. Catedrática de Psicoloxía Social na Universidade de Valencia e Directora da Unidade de Investigación de Psicoloxía do Deporte (UIPD) da mesma universidade. Imparte docencia en grao e en posgrao. Publicou libros, capítulos de libro e artigos científicos e participou activamente en congresos científicos. Dirixiu diferentes proxectos de investigación, tanto nacionais como internacionais. A súa actividade académica e de investigación compleméntase co seu traballo aplicado. Traballou durante varios anos coa Real Federación Española de Tenis e coa Escola de Mestría de Tenis. Pertence a varias Sociedades Científicas, nacionais e internacionais e é editora de varias revistas científicas.
Presentará o relatorio II: A saúde mental no deportista de alto nivel.