Actualidade

A Universidade Sénior da UDC anuncia unha nova edición do Programa de Democratización do Coñecemento en Arteixo

12/09/2025

A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha neste ano 2025, coa financiación da Xunta de Galicia, e en colaboración co Concello de Arteixo, a 4ª edición do Programa de Formación Universitaria Específico para as/os adultas/os maiores, que se desenvolverá entre os meses de outubro e novembro, na Capela do Balneario en Arteixo. A inscrición será gratuíta e poderá realizarse do 15 de setembro ao 8 de outubro, tanto en liña, a través da páxina web https://universidadesenior.org/arteixo/, como de maneira presencial no Departamento de Educación do Concello de Arteixo [acceso ao link da noticia completa da Universidade da Coruña].