Actualidade

O CITENI e o CITIC da Universidade da Coruña desenvolven un modelo intelixente que optimiza a construción naval

10/09/2025

Persoal do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) do Campus Industrial de Ferrol e do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC) desenvolve un novo modelo de optimización para a planificación en estaleiros que inclúe, por primeira vez, a estratexia real de construción en bancada.  A investigación, publicada baixo o título “A constraint programming-based decomposition strategy for the block assembly scheduling problem in shipbuilding” na prestixiosa revista International Journal of Production Research, presenta unha metodoloxía que permite un uso moito máis eficiente dos recursos dun estaleiro, á vez que reduce os tempos de montaxe dos buques [Ligazón á noticia da UDC].