Persoal investigador do grupo BioCost, do Centro Interdisciplicar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña (UDC) participou nunha acción de sementeira de algas laminarias (kelp) nas augas costeiras fronte ao municipio do Vicedo, no marco dun proxecto impulsado pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia e financiado con fondos europeos Next Generation UE. O proxecto, cun investimento global de 4,46 millóns de euros e actuacións en 12 Zonas de Especial Conservación (ZEC) da Rede Natura 2000 ao longo de toda a costa galega, busca mellorar o estado de conservación de hábitats prioritarios mediante accións como a recuperación de aves en perigo de extinción, a eliminación de especies invasoras, a recollida de lixo mariño e a restauración de bosques de kelp [enlace a noticia completa da UDC aquí]