O equipo investigador do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña traballa nunha recente e innovadora rama da enxeñaría estrutural: a optimización topolóxica. A investigación, denominada “Optimización topolóxica de estruturas con restricións avanzadas, incluíndo fenómenos dinámicos, pandeo e casos non lineais” é unha das sete propostas do CITEEC aprobadas na convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2023. Está liderada por Fermín Navarrina e José París, do Grupo de Métodos Numéricos en Enxeñaría (GMNI), e pretende desenvolver modelos que incorporen e verifiquen certas esixencias estruturais que non están sendo consideradas nos modelos actuais: o pandeo, os efectos non lineais e os efectos dinámicos [enlace a noticia da UDC aquí].