Actualidade

A Coruña preparase para o Congreso New Frontiers in Cosmology 2026

15/08/2025

 

Do 10 ao 14 de agosto de 2026, a cidade galega da Coruña será o epicentro da cosmología coa celebración do congreso 🌟"New Frontiers in Cosmology". Este evento coincide coa esperada eclipse solar total do 12 de agosto, ofrecendo aos asistentes unha experiencia única que combinará a ciencia coa observación astronómica  [consulta aquí o listado de participantes].

 

Nun momento en que a cosmoloxía atópase no seu apoxeo, a dispoñibilidade de grandes volumes de datos procedentes de experimentos como DESI, Euclid, Rubin, o Observatorio Simons e outros está a revolucionar o campo. Este congreso servirá de plataforma para debater como as novas técnicas, especialmente na análise de datos de intelixencia artificial, poden levar a nosa comprensión a novos horizontes.

 

O congreso, co apoio da Universidade da Coruña, a Fundación Simons e o Centro Berkeley de Física Cosmológica, reunirá a investigadores destacados de todo o mundo. A inscrición estará aberta do 1 de agosto ao 31 de decembro de 2025 [aquí]. As tarifas reducidas aplícanse ata o 31 de outubro de 2025.