A Cátedra GHENOVA-UDC renovada por 4 anos máis, ata 2029 ten como obxectivo promover actividades de formación relacionadas coa industria 4.0., e as novas tecnoloxías implicadas como a robótica, analítica, Intelixencia Artificial (IA), tecnoloxías cognitivas, nanotecnoloxía e Internet das Cousas (Iot), así como desenvolver novo coñecemento mediante a investigación nestas áreas. Tamén promoven actividades de divulgación nas empresas e na comunidade universitaria sobre a transformación industrial 4.0.. En particular fomentan a relación de colaboración co Instituto Panamericano de Enxeñería Naval (IPIN), que engloba as institucións iberoamericanas deste ámbito.
Esta nova transformación industrial moi posiblemente estará sustentada na chamada fábrica intelixente, caracterizada pola interconexión de máquinas e de sistemas no propio emprazamento de produción. Tamén se apoia nun fluído intercambio de información da fábrica intelixente co exterior, en aspectos tan variados como o nivel de oferta e demanda dos mercados, os clientes, os competidores, e outras fábricas intelixentes.
Para o adecuado desenvolvemento dos seus fins poñeranse ao dispor da Cátedra as instalacións da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF).
Sobre GHENOVA
GHENOVA é unha empresa internacional con sede en Sevilla que ofrece servizos multidisciplinares de enxeñería e consultaría con máis de 500 empregados, dos que o 80% son enxeñeiros. As lineas de negocio son Naval e Defensa, Enerxía e Industria, Transformación Dixital e Infraestruturas. Traballa en proxectos internacionais en máis de 25 países, desenvolvendo 900.000 horas de enxeñería e consultaría ao ano.
Ten unha longa vinculación con Galicia, con oficinas en Ferrol e Vigo con preto de 150 profesionais, ademais de contar con sedes en diferentes países como Brasil, Colombia, Bolivia e Australia.
A aposta pola diversificación, a sinerxia entre as áreas de negocio e a innovación contínua sitúan a GHENOVA entre as empresas líderes de enxeñería en Europa e Iberoamérica. A experiencia acumulada ao a longo de máis de 25 anos de actividade, os bos resultados e, sobre todo, a confiranza dos clientes, contribúen a que siga crecendo nos sectores tecnoloxicamente máis esixentes.