A residencia pública universitaria Elvira Bao e a residencia pública universitara de Ferrol buscan estudantes para o próximo curso, polo que estará aberta para realizar visitas desde o martes 1 de xullo e o 10 de xullo de 2025. Todos aqueles que estean interesados en acudir deben poñerse en contacto coa residencia correspondente a través dos correos electrónico residenciauniversitaria.coruna@udc.es (A Coruña) ou residenciauniversitaria.ferrol@udc.es (Ferrol).
A Residencia Pública Universitaria de Ferrol conta con 25 prazas e localízase no centro de Ferrol, concretamente no barrio da Madalena con fácil accesibilidade aos centros universitarios, tanto de Esteiro como de Serantes.
A Residencia Pública Universitaria Elvira Bao, conta con 118 prazas e está situada na cidade da Coruña na zona escolar preto do Campus de Riazor, onde se atopan: o Centro Universitario de Riazor (CUR) con aulas de estudo, NORMAL (Centro Cultural) e a E.T.S. de Náutica e Máquinas. Tamén se atopan nesta zona o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), a Escola Oficial de Idiomas, o Conservatorio Superior de Música, e a UNED.