Actualidade

A Cátedra ALDABA WIB participou nos premios dos mellores traballos de fin de grao aplicados do curso 2018/19

30/10/2020

 

O acto tivo lugar o 30 de outubro de 2020 na Facultade de Informática da UDC. Resultou unha edición diferente, pero con seis proxectos de moito nivel. O acto está patrocinado pola Cátedra ALDABA WIB: Women, ICT & Business, Balidea, Corunet, Everis e Grupo Voz e coa colaboración do CITIC y FUAC

 

Resultaron premiados os mellores traballos de fin de grao defendidos no curso 2018/19, alzándose co Primeiro Premio Jacobo Fiaño Salinas. Os Accésit foron para Roi Galego Torreiro e Roberto López Castro.

 

Resultando finalistas os traballos de David Otero Freijeiro, Sergio Rodríguez Gayoso, Arturo Silvelo Pallín. Aínda que non acadaron premio presentaron traballos de gran calidade.

 

 

Jacobo Fiaño Salinas alzóuse co Primeiro Premio ao Mellor TFG Aplicado da FIC con 1.500€ co proxecto: “Desenvolvemento dunha aplicación para decidir o receptor máis axeitado dun transplante de ril”, por tratarse dunha ferramenta de apoio para os médicos do Hospital Universitario da Coruña que poidan utilizar durante o proceso de transplante de ril. Aportación de suma importancia, xa que na actualidade, non existe unha ferramenta con un fin similar que poida ser utilizada polos médicos e axiliza o traballo colectivo para o sector médico.

 

Roi Galego Torreiro  foi premiado cun dos dous accésit de 500€  polo traballo de: “Desenvolvemento dunha ferramenta para o control da calidade de secuencias xenéticas en entornos Big Data". Os usuarios obxectivo desta aplicación son, principalmente biológos, bioinformáticos e científicos que necesiten procesar grandes cantidades de secuencias xenómicas para obter conxuntos de datos cos que poder traballar e que cumpran cos estándares de calidade oportunos ou que se axusten as súas necesidades. Grazas ás melloras de rendemento que porporciona SeQual ante outras ferramentas similares, diminúe o tempo de procesamento de datos.

 

Roberto Lopez Castro foi premiado co outro accésit de 500€ polo traballo: “Uso de técnicas de visión por computador para o seguimento de individuos en eventos deportivos". O seguimento individual dun deportista durante un evento deportivo ten gran interese para entrenadores, preparadores físicos, aficionados e medios de comunicación. Os usuarios finais aos que pode orientarse o traballo poden ser principalmente dous: equipos de fúlbol (corpo técnico e persoal asociado á preparación dos xogadores) e medios de comunicación.

 

David Otero Freijeiro, finalista polo traballo: “Plataforma para a etiquetación asistida de casos de risco temperán en Internet”. Segundo a OMS, nunha das súas últimas publicacións sobre a saúde mental dos adolescentes, unha de cada 6 persoas que padecen transtornos mentais, ten entre 10 e 19 anos. É sabido que a linguaxe é un indicador significativo do estado emocional das persoas e, polo tanto, axuda na detección destas enfermidades. Utilizar estes indicadores para a detección temperá de ditos riscos demostrou ser unha liña de investigación moi frutífera.

 

Sergio Rodríguez Gayoso, finalista polo traballo: “Dispositivo e aplicación Android para aumentar a seguridade nos desprazamentos en bicicleta”. Hoxe en día os desprazamentos en bicicleta, especialmente en cidade, están a sufrir un notable incremento. A convivencia destes vehículos cos coches implica un alto risco de lesións en caso de accidente. Para tratar de mellorar esta situación neste proxecto buscouse crear un sistema para aumentar a visibilidade do usuario como a súa capacidade de visión. O obxectivo deste traballo foi o estudo, deseño, implementación e posterior avaliación dun sistema composto por cámara e luces para mellorar a seguridade dos ciclistas na vía publica.

 

Arturo Silvelo Pallín, finalista polo traballo: “Grao en Enxeñería Informática". Desde os inicios da informática os modelos de autenticación foron un compoñente esencial para a seguridade da información. Para o proceso de análise desta información empleáronse diferentes técnicas de Intelixencia Artificial, co fin de obter un conxunto de algoritmos que permitisen a xeración de perfís individuais para a identificación do usuario, o que permite a identificación dun usuario en tempo real.

 

Cartel del V Premio TFG Aplicado da FIC