Actualidade

A Universidade da Coruña participa nunha xornada sobre o linaxe do liño e o seu papel transformador na Costa da Morte

11/06/2025

 

“O liño e as iniciativas emprendedoras transformadoras; estratexia para un desenvolvemento sostible na Costa da Morte” é o título do simposio que se celebrou o sábado 31 de maio en Baio (Zas). A iniciativa, que contou coa presenza do reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao. Durante a xornada mirouse ao pasado, lembrando as orixes deste produto, pero sobre todo, ao futuro e ao papel crave que pode xogar.

 

O encontro tivo unha boa acollida por parte dos asistentes que encheron o salón, e nel abordouse a temática sobre esta industria téxtil tradicional, para saber se a partir dela é posible comezar unha estratexia de impulso socioeconómico na Costa da Morte, poñendo ao liño como factor fundamental, avogando pola volta ao cultivo e identificando e fomentando oportunidades de valor económico e social mediante un programa de formación, emprendemento e aceleración de proxectos. 

 

O proxecto parece viable, aínda que é necesaria a implicación de administracións, empresas e particulares, tal como púxose de manifesto no encontro. A iniciativa redundaría nun impacto positivo para toda a comarca.

 

 

O pasado, o presente e o futuro do liño foron os principais eixos do simposio desde o punto de vista de investigadores, artesáns e catedráticos. A organización correu a cargo do Consello da Cultura Galega, coa colaboración da Universidade da Coruña e do Concello de Zas. 

 

O catedrático de Química Orgánica da Universidade de Santiago Francisco Javier Sardiña, definiu o liño como un “produto de innovación” e un “luxo asequible” que está presente nas nosas vidas desde hai 11.000 anos, xogando un papel fundamental ao longo da historia. 

 

Capital do liño

Franciso Javier Sardina defendeu que o liño ten un gran futuro no “primer mundo”, posto que, debido ao cambio climático esta fibra será máis adecuada “porque é a que mellor favorece a evaporación de auga dos nosos corpos”. Tamén destacou que é moi apreciado en climas tropicais, que dentro de pouco chegará as nosas terras.


No acto participou a presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, quen subliñou que Zas convirtese de novo na “capital do liño de Galicia” e aludiu á importancia deste produto na actualidade. 


O alcalde de Zas, Manuel Muíño, pol súa parte, expresou a súa confianza en que este encontro sexa o comezo dunha “andaina longa” que ligaráse ao Parque Tecnolóxico Científico, conxgando así industria, artesanía e investigación.


O reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, subliñou que o liño, a pesar de levar con nós miles de anos, non morreu e nestes momentos está resurxindo. Ademais, mostrou o apio da UDC para a posta en valor deste produto. 


Ao acto tamén acudiu a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, así como a artesana Carmen Riveiro, presidenta da Asociación Amigos do Liño e pioneira na recuperación desta técnica. Riveiro participou nunha mesa redonda co coordinador do Grao Industrial de Moda da UDC, Manuel Escourido; e o director adxunto da Fundación Universidade da Coruña; Braulio Pérez.

 

Fonte: Diario de Bergantiños