FUAC
Un estudo internacional liderado desde o Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), con sede no Campus Industrial da Universidade da Coruña (UDC), describe por primeira vez unha fase sólida en polímeros semicondutores utilizados en dispositivos fotovoltaicos de última xeración. O traballo, publicado na prestixiosa revista Advanced Functional Materials, lanza luz sobre a súa organización molecular interna, clave para entender o seu rendemento e optimizar a súa fabricación. Os resultados deste traballo sentan as bases para deseñar polímeros máis estables, eficientes e lixeiros, aplicables non só no eido da enerxía solar, senón tamén na electrónica flexible e a bioelectrónica, un avance cara a tecnoloxías máis limpas e sostibles. Fonte: blog UDC.