Actualidade

Publicadas as listas de solicitudes da terceira edición do ALDABA-TIC Camp: Misión Salvar a Terra

27/05/2025

 

Unha vez finalizada a inscrición ao ALDABA-TIC Camp, o campamento tecnolóxico de verán na UDC, procédese a publicación da as listas de solicitudes recibidas e válidas e maña mércores, 28 de maio de 2025, terá lugar o sorteo das prazas. Nenas e nenos nadas/os entre os anos 2013 e 2019 uniranse cunha misión: “Salvar a Terra”. O obxectivo desta iniciativa é fomentar as vocacións tecnolóxicas en idades temperás, especialmente entre as nenas, e facilitar o desenvolvemento das habilidades técnicas, propias do mundo TIC, de forma amena.

 

O Camp, organizado pola Cátedra ALDABA WIB, responde a un dos seus principais obxectivos: contribuir á igualdade de xénero nas titulacións TIC. Por iso, neste campamento dase prioridade ás nenas, con reserva dun 80% das prazas para elas. Segundo os  datos lanzados polo BBG-TIC (Barómetro da Brecha de Xénero nos estudos TIC) – unha ferramenta web gratuíta (https://wib.aldaba.es/bbg-tic), desenvolta pola Cátedra ALDABA-WIB, que incorpora os novos datos de matriculación, resultados académicos, etc. do Grao de Enxeñería Informática na Coruña e Ourense – a porcentaxe de mulleres que elixen esta titulación está en torno ao 16%. Estas cifras melloran no caso dos Graos, de recente creación, de Ciencia e Enxeñería de Datos e de Intelixencia Artificial, pero seguen lonxe do que a sociedade necesita para beneficiarse do talento que achegan as mulleres no ámbito TIC.


Na Coruña, o campamento realizarase na Facultade de Informática da Universidade da Coruña en dúas quendas: o primeiro será do 23 ao 27 de xuño de 2025 (salvo o día 24, que é festivo) e o segundo do 30 de xuño ao 4 de xullo (30 prazas por quenda). O horario será de 9:00 a 14:00, con servizos opcionais de madrugadores (8:00 a 9:00) e comedor (14:00 a 15:00). 

 

En Ourense, o campamento realizarase na Escola Superior de Enxeñería Informática do Campus de Ourense na semana do 23 ao 27 de xuño de 2025. O horario será de 9:00 a 14:00, con servizos opcionais de madrugadores (8:00 a 9:00) e comedor (14:00 a 15:00).

 

O listado, tanto de Coruña como de Ourense pode consultarse na Web https://tic-camp.wib.aldaba.es. As solicitudes están ordenadas por orde de inscrición. Na segunda columna figura o nº do documento de identidade do nai/pai que realizou a inscrición co seguinte formato **1234** e máis adiante o nome do nen@. En caso de solicitudes de 2 ou 3 irmáns hai unha fila por cada un dos nen@s.